
Radio CERNA #26xul2017
Mér | 14:00 | 14:10
Rematamos a serie de espazos de Radio Cerna dedicados aos concellos galegos "libres de eucalipto" ou que teñen promovido nos últimos tempos accións destinadas a eliminar esta especie foránea do terreo municipal ou a substituíla por especies autóctonas. No espazo de hoxe abordamos a proposta do BNG para declarar Vilagarcía de Arousa libre de eucaliptos e a proposta que esta mesma formación apoiou en Bueu, concello que rexenta, malia ser formulada por outra formación, o Partido Son. O BNG dá conta da resposta recibida do Ministerio e da Comisión Europea ante a petición de incluír o eucalipto nos catálogos de especies exóticas invasoras.
En resumo, os concellos galegos poden e deben tomar partido na xestión forestal de Galiza e nas políticas de prevención de incendios forestais. Exemplos como os que coñecemos nos últimos días demostran que é posible!