Radio Cerna 31xan2018
Mér | 14:00 | 14:10
O vindeiro venres é o Día Mundial dos Humidais e durante esa xornada e a fin de semana organizaranse varias charlas e xornadas arredor desta temática por todo o país. A que organizan o CEIDA, a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e o Concello de Sada o vindeiro sábado tratará de analizar, entre outros temas, o estado de conservación dos humidais galegos. Falamos con Pablo Ramil, secretario do Consello Científico do Comité Español do programa MaB da Unesco, para coñecer en que situación se atopan as nosas brañas, lagoas, marismas, xunqueiras ou os máis de 1.100 humidais galegos.