
Radio CERNA #10maio2017
Mér | 14:00 | 14:10
Fisterra é o primeiro concello do litoral galego que se lanza á creación de cinco microrreservas de flora para conservar, recuperar e poñer en valor tres especies de plantas ameazadas. Membros da Universidade de Compostela e da entidade ecoloxista ADEGA encargaranse de levar a cabo este proxecto aberto á participación da veciñanza local e de voluntariado.