
Radio Cerna 16oct2017
Lun | 14:00 | 14:10
Radio Cerna dedica este programa especial a CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, coa que colabora, e que se viu obrigada a pechar a súa emisión por frecuencia modulada o pasado mes de setembro ante a ameaza dunha sanción de ata 200.000 euros. A Xunta abriulle un expediente sancionador por emitir sen licenza poñendo en risco a continuidade do proxecto pese a ter solicitado licenza en varias ocasións e levar 21 anos emitindo de forma ininterrompida. CUAC FM teme que se trate dun intento das autoridades públicas de eliminar as radios comunitarias do país. Desde Radio CERNA e ADEGA manifestamos o noso apoio a todas as radios comunitarias de Galiza e do mundo e ao seu dereito a existir e a obter licenza.