Radio Cerna 18xun2018
Lun | 14:00 | 14:10
En pasados días a cidade da Coruña acolleu un campo de refuxiados simbólico para escenificar o drama que viven milleiros de persoas no mundo que están refuxiadas lonxe do seu lugar de orixe. Algo que no futuro se prevé moi frecuente, xa non só polas guerras, tamén por motivos climáticos ou ambientais. O problema é que non está recoñecido legalmente o dereito ao refuxio por cambio climático. A organización Acampa está a valorar a presentación dunha Iniciativa lexislativa popular co obxectivo de que se recoñeza.