Radio Cerna 27feb2019
Mér | 14:00 | 14:10
A uña de gato ou carpobrotus edulis ten practicamente colonizada toda a franxa litoral galega. Esta planta sudafricana invasora exerce unha presión negativa nos solos rochosos dos cantís e nos ecosistemas dunares e non é doada de erradicar. Novas investigacións, como a de Cristina Vieites, recomendan a loita biolóxica para frear a súa expansión.