
Radio CERNA #28xun2017
Mér | 14:00 | 14:10
O patrimonio industrial galego forma parte tamén do noso patrimonio cultural. A vindeira semana, expertos neste ámbito de Galiza e doutras partes do Estado, reuniranse no concello de As Pontes para debater sobre algúns aspectos sensibles e abertos ao choque de pareceres neste ámbito, como a propia definición do que é patrimonio industrial ou o impacto ambiental destes bens patrimoniais versus a súa preservación. Pode haber unha integración amable do patrimonio industrial no territorio? Pode ser a actual grande industria patrimonio nun futuro? A Asociación Buxa desvélanos que temas someterá a reflexión o VII Congreso do Comité Internacional para a conservación e defensa do patrimonio industrial (TICCIH), do 5 ao 7 de xullo, nas Pontes.