
Radio Cerna 06feb2019
Mér | 14:00 | 14:10
Veciños da Limia, Baixa Limia, Celanova ou Xinzo reúnense en plataforma para chamar a atención sobre o problema ambiental e de saúde pública que está a xerar a acumulación de xurros e puríns na chaira limiá. Daniel Rodicio, ex-gandeiro e propietario dunha granxa na Limia afonda no impacto que o modelo de produción acaba tendo no medio ambiente e, sobre todo, nos cursos fluviais e augas subterráneas. A Plataforma "Auga Limpa Xa!" pide unha moratoria para novas granxas intensivas de produción de carne na comarca limiá.