![Radio Cerna 13mar2019](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/960/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5c88dc8ae3-58d17293c7-radiocerna.jpg)
Radio Cerna 13mar2019
Mér | 14:00 | 14:10
Dous autos do Tribunal Superior de Castela e León fallan a favor do Partido Animalista PACMA e suspenden cautelarmente o regulamento e a orde de caza desta comunidade autónoma por incumprir a lexislación estatal e europea en materia de conservación das especies salvaxes. Por primeira vez unha orde xudicial pon en vilo o futuro da actividade cinexética no territorio español. PACMA valora de xeito moi positivo a disposición da Xustiza e agarda que o Tribunal "non ceda ás fortes presións ás que está a ser sometido", segundo explicou en Radio Cerna a voceira da formación, Laura Duarte.