
Radio Cerna 22mai2020
Ven | 14:00 | 14:10
Hoxe celébrase o Día mundial da Biodiversidade no que a ONU reafirma à idea de que a solución á pandemia está na natureza. ADEGA e outras entidades ecoloxistas reforzan a tese e animan ás administracións públicas a mudar a súa actitude cara a biodiversidade. Por outra banda, denuncian desleixo da xunta pola conservación do patrimonio natural en contraste coa actitude paternalista demostrada coa caza e a pesca.