
Radio CERNA #26abr2017
Mér | 14:00 | 14:10
Nesta semana púxose a funcionar a primeira adega experimental de todas as universidades galegas no Campus Terra de Lugo. A Escola Politécnica Superior promove por primeira vez en Galiza un proxecto destas características para favorecer a investigación no sector vinícola galego, un sector que cada vez ten máis expectativas de futuro no noso territorio
Existen factores internos e tamén externos, como o cambio climático, que están a xerar cada vez máis demanda de materias académicas e universitarias relacionadas coas vides, a sidra, coa elaboración de licores a través da fermentación ou coa experimentación de novos mercados, como o ecolóxico. Este proxecto tamén analizará a calidade da madeira do noso carballo para a elaboración das cubas dos mellores caldos.