
Radio Cerna 04xun2018
Lun | 14:00 | 14:10
O vindeiro domingo 10 de xuño, coincidindo coa Semana do Medio Ambiente, o ecoloxismo galego xunto con outros colectivos sociais conformados na Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e na Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON, botaranse á rúa para pedir ao goberno galego que rexeite a mina. Temen que a aprobación do proxecto mineiro sexa inminente e apelan ao apoio da sociedade galega para frealo coa idea de encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Neste programa, o voceiro de PDRA, Xaquín Rubido, fálanos das consecuencias que tería a megamina de cobre para a ría de Arousa.