![Radio Cerna 14nov2018](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/7a8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5bec197e75-58d17293c7-radiocerna.jpg)
Radio Cerna 14nov2018
Mér | 14:00 | 14:10
Radio Cerna dedica un programa especial a CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, que veñen de gañar nos tribunais un recurso contra a resolución da Xunta que obrigaba a pechar os micros desta emisora social hai agora un ano. Desde Radio Cerna, espazo que se emite en CUAC FM, súmanse á celebración desa vitoria ao entender que é a vitoria de todas as emisoras e espazos que dan voz aos colectivos sociais e ás minorías.