
Radio CERNA # 12abr2017
Mér | 14:00 | 14:10
Na xornada sobre o eucalipto organizada o pasado mes de marzo pola Deputación de Lugo, ecoloxistas e sindicatos agrarios tamén instaron a frear a expansión do eucalipto en Galiza, non só por razóns ambientais, tamén económicas, culturais e de seguridade. Paralelamente, nas directrices que a sociedade trasladou á Xunta durante o proceso de revisión do Plan Forestal de Galiza, recoméndase á administración que promova formas alternativas de aproveitar o monte e que fomente a conservación do bosque autóctono. Neste espazo, recollemos algúns extractos desa xornada de reflexión.