
Radio Cerna 11xul2018
Mér | 14:00 | 14:10
O coñecido como "Bosque Paraíso" de Oleiros está en risco. Unha urbanización promovida por coñecidos empresarios da Coruña ameaza con eliminar gran parte deste espazo natural considerado o último reduto de bosque da ría do Burgo. A Asociación de Veciños Colonia O Paraíso de Oleiros reclama a conservación do bosque e da súa biodiversidad por riba dos intereses especulativos do territorio. Falamos coa voceira deste colectivo, Charo López.