![Radio Cerna 18abr2018](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/ebc/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5ad729e5b3-nlrfzbwa.jpg)
Radio Cerna 18abr2018
Mér | 14:00 | 14:10
Nun momento no que o debate sobre o eucalipto rexorde con forza, nacen as brigadas deseucaliptizadoras. A asociación ecoloxista Verdegaia crea esta figura de voluntariado para eliminar as especies invasoras, como eucaliptos ou acacias, nas parcelas ou montes galegos nos que os/as titulares propietarios/as dean permiso. Os grupos de traballo serán locais ou comarcais. As primeiras brigadas deseucaliptizadoras actuarán nos montes de Froxán (Lousame) esta fin de semana.