![Radio Cerna 05feb2018](/radio/cache/scene/uploads/radio_emisions/foto/8be/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSzUqrKz891Lsov0DE1Nd_/_UxNjZWsq4FAA==_/5a7877ce08-dvrbshjwaaal0zq.jpg)
Radio Cerna 05feb2018
Lun | 14:00 | 14:10
Os ríos galegos serán analizados e observados a partir deste ano por un novo órgano consultivo, o Observatorio Galego dos Ríos. Un ente impulsado pola Xunta de Galiza para recoller información, analizala e poder asesorar aos órganos executivos sobre as ameazas, os impactos, ou o estado de conservación de todos os ecosistemas fluviais do noso territorio. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, danos máis detalles sobre a funcionalidade desta nova ferramenta de consulta, cuxa primeira encomenda será a de elaborar o Plan Director dos Ríos Galegos.