Rumboia #83: Xosé Manuel Budiño
Mar | 20:30 | 20:44
En 1996 presenta, Xosé Manuel Budiño, o seu proxecto en solitario liderando a súa propia banda, coa que edita o seu primeiro traballo 'Paralaia' no ano 1997. En outubro de 1997 o disco Paralaia de Budiño foi elexido pola revista londinense Folk Roots (unha das máis prestixiosas revistas musicais do mundo) coma un dos cinco mellores discos do mes. A partir dese momento, e ata 2019, un total de 6 traballos discográficos recollen o bon facer deste gaiteiro de Moaña. Budiño iniciouse coa gaita na escola de gaitas Semente Nova de Moaña. Participou da banda de gaitas Xarabal, e en 1991 fundou o grupo Fol de Niu colaborando posteriormente con diversas bandas.