Rumboia #167: Acordeireta

Rumboia #167: Acordeireta

Mar | 20:30 | 20:43

Patricia González e Alejandro Balbuena forman Acordeireta. Lanzan o seu primero traballo discográfico a finais de 2020 no arriscado momento da pandemia que todo o inunda. Un total de 15 temas compoñen este disco que leva por título 'Loitar cantando'. Recollen temas de moitos músicos da Galiza e tamén poesías que dan letra ás súas músicas. Despois dunha longa traxectoria individual, deciden xuntar o acordeón e a pandeireta para divertirse, para seguir alimentando as súas almas, polo gusto de transmitir un sentimento arraigado ás nosas raíces; por reivindicar temas sociais dos nosos tempos; por homenaxear con música a persoas queridas e admiradas e sobre todo, para dignificar a lingua e a cultura galega.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar