Rumboia #160: Seare

Rumboia #160: Seare

Mar | 20:30 | 20:42

O grupo de música folk Seare fundouse no ano 1999 e estivo formado na súa totalidade por músicos e vocalistas de Sarria. Tiveron unha exitosa carreira, cun respetable percorrido pola xeografía peninsular, chegando a gañar varios certámenes y convirtiéndose na gran referencia do panorama musical sarrián entre os anos 1999 e 2003, ano no que decidiron separarse. Os seus componentes iniciais eran Abraham Cupeiro, Rubén Chao, Noelia González, Gerardo González, Luís Miguel Fernández, Simón Caldeiro e Xán Durán. 

No ano 2016 un dos fundadores, considerou que  sería unha excelente idea volver reunir ao grupo e dar un concerto que recollese os seus mellores temas. Os compoñentes do grupo sempre fixeron gala dun gran espírito solidario e decidiron que o destino da recadación do concerto debería de ser para os máis necesitados e escolleron para iso a unha organización que prestaba axuda aos refuxiados. Así editaron 'Seare por Siria' que recompila once dos seus mellores temas, e cuxos fondos foron á ONG Zaatar.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar