Rumboia #157: Pai da Cana

Rumboia #157: Pai da Cana

Mar | 20:30 | 20:43

Pai da Cana é un grupo fundado en Poio (Pontevedra) en 1995. Tras adoitar diversas formacións, a partir de 2003 céntrase na recuperación dun concepto de conxunto tradicional case desaparecido no noso país: a charanga ou murga, na que a gaita e o acordeón fúndense con instrumentos propios das bandas de música.

Son un colectivo comprometido coa tradición e o seu repertorio está formado por pezas das charangas galegas que existiron no noso país e mais en América dende finais do século XIX. Os compoñentes do grupo son: Carlos Tomico (gaita), Miguel Dopazo (clarinete), Sandra Besada (saxo alto), Iria García (acordeón), Oscar Pazos (caixa), Carlos Mouriño (bombo con pratos) e contan coa dirección musical de Oscar Ibáñez.
'Paidacana12'  recolle repertorio dos doce primeiros anos de traxectoria. Pódese apreciar unha evolución musical do conxunto, o que foron e o que son, sen máis pretensión que achegar un gran de area, unha pequena e humilde contribución á música do noso país.

 

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar