Rumboia #149: Pazos de Merexo

Rumboia #149: Pazos de Merexo

Mar | 20:30 | 20:40

Manuel José Pazos Redonda, coñecido como Pazos de Merexo foi un muxián ilustre, músico extraordinario, agradecido e xeneroso que foi e será por sempre unha verdadeira lenda do acordeón diatónico en Galicia. O libro-disco  'Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte', protagonista da Rumboia, foi a primeira publicación que afondou na historia desta modalidade musical en Galicia. Esta monografía publicada no ano 2015, recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Pazos do Merexo; o último maestro do acordeón diatónico de Galicia, que faleceu no ano 2019. 

O libro conta con documentación gráfica, e preséntase ademais cun cd no que se pode escoitar en versión orixinal unha selección de gravacións inéditas de Pazos do Merexo, realizadas no últimos vinte anos polos investigadores Olga Kirk e Pablo Díaz.  Esta coidada e rigurosa publicación, a iniciativa de a Central Folque, foi elaborada por Xurxo Souto e Pedro Pascual, profundos coñecedores da dimensión musical de Pazos.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar