Rumboia #218

Rumboia #218

Mar | 19:00 | 19:12

A Banda de Gaitas Nova Era é o eixo fundamental da Asociación Cultural de Música Tradicional de Monterrei, creada no 2014 por un grupo de músicos do Valle de Monterrei, que apostaron por un proxecto local co obxectivo de dinamizar a actividade musical da comarca co fomento e divulgación da música galega. No 2019 gravaron e publicaron o seu primeiro traballo discográfico, 'Rumbo NE', onde hai estilos diversos, desde a música tradicional galega ata o swing americano, pasando pola salsa cubana, a música dos países celtas ou os ritmos balcánicos. A agrupación pretende "explorar horizontes que leven á formación a unha nova dimensión musical, cun estilo propio e innovador".

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar