Rumboia #182: Primordiais

Rumboia #182: Primordiais

Mar | 20:30 | 20:40

Primordiais é un dúo de arpa, voz e percusión formado por Luís Martíns (luthier de instrumentos de corda e arpista) e Marcelo DoBode (interprete e recompilador de música tradicional), dous curmáns que desde Soutomaior ofrecen as súas "músicas de OrTa", melodías recollidas da tradición oral con arranxos simples e efectivos, cunha simbiose perfecta entre a tradición e o modernismo.

Presentaron o seu primeiro traballo discográfico 'Droguería Moderna' no ano 2016. Un traballo que contou coas colaboracións de Eliseo Parra, Mónica de Nut e Las Piojas.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar