Rumboia #174: Xabier Blanco

Rumboia #174: Xabier Blanco

Mar | 20:30 | 20:42

Xabier Blanco Nogueira é un músico de Moaña, mestre gaiteiro, artesán e un grande investigador. A súa dedicación profesional está repartida entre o ensino, a investigación, a 'recolleita' e a catalogación; tanto de instrumentos como de pezas musicais. Foi distinguido Mestre da Memoria pola AELG no ano 2014.

É tan grade a súa labor como investigador que Xabier Blanco reúne unha colección de máis de dúas mil pezas, entre as que destacan mais de oitocentos instrumentos en perigo de ser esquecidos na tradición. Tamén ten un extensísimo arquivo con mais de 50.000 documentos nos que se atopan dende pezas e xéneros perdidos ata técnicas referidas á artesanía dos instrumentos. 

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar