Rumboia #215: O Son do Río

Rumboia #215: O Son do Río

Mar | 19:00 | 19:12

O Son do Río é un grupo de música tradicional que naceu arredor do ano 2010, e que recolle o seu nome pola súa relación próxima co río que atravesa a localidade da súa Mondariz natal e cuxo son estaba presente nos seus ensaios.  un grupo folk con música e voces, que a día de hoxe está formado por 14 compoñentes de Ortigueira, Vigo, Pontecaldelas e Mondariz.

No seu primeiro disco 'De raíz'  cada tema é unha homenaxe á súa terra, os seus ríos, as súas tradicións e os seus devanceiros. Editouse no 2019 da man de Inquedanzas Sonoras. É  froito de axuntar as súas herdanzas das terras de Mondariz coas vivencias que tiveron arredor da música tradicional.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar