Rumboia #150: Raparigos

Rumboia #150: Raparigos

Mar | 20:30 | 20:42

Raparigos nace en Ferrol no 1968. Nos inicios, Carlos Vázquez Cabrera e Xan Rodríguez Silvar foron o cerne do grupo, dous gaiteiros alumnos do mestre Constantino Bellón, que estiveron acompañados inicialmente por Anxo Muñoz Castro ao tambor e Francisco Trillo Pérez ao bombo. Posteriormente pasaron polo grupo músicos tan relevantes como Rafael Victoria, Xabier Rodríguez, Antón Varela “Tonecho” ou Ramón Dopico.

Os concursos foron importantes para Raparigos, acadando numerosos premios no San Froilán de Lugo, na Ascensión de Santiago, ou en Ponteareas, entre outros; pero as festas populares da época foron unha escola imprescindible para acadar o seu son e a súa formación.

Raparigos ten unha longa traxectoria  que non so os levou a acadar probablemente o mellor palmarés galego en concursos de gaitas, senón tamén a manter a tradición popular en romaxes e festivais, a colaborar con outros músicos e a participar no cerne do movemento asociativo dos gaiteiros galegos. É un dos grupos máis sobranceiros entre os que protagonizaron o cambio xeracional,  formadas xa nun recoñecemento dos valores da cultura galega.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar