Rumboia #162: Xochilmica

Rumboia #162: Xochilmica

Mar | 20:30 | 20:45

Os compoñentes de Xochilmica viviron desde nenos a música tradicional.  Coincidiron en Santiago, na Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, e comezaron a súa andaina en 2003. Cando lle puxeron nome ao grupo, buscaban algo único,  que só os representase a eles e conseguírono, facendo tamén que o seu son fora tan único como o nome. Cunha gaita, acordeón, tamboril, bombo con pratos e saxofón conseguiron un son totalmente novo, elegante e divertido.

Os seus integrantes eran Manuel Iglesias “Sopas” á gaita; Pablo Dalama, gaita, clarinete e saxo soprano;  Manuel Rey: tamboril, pandeira, triángulo, tarrañolas e cucharas; Xan Pampín, acordeón e Ramón Maril: bombo con platos e pandeireta. Con menos dun ano de vida, gañaron o Certame de Música folk de Radio Obradoiro,  o que lles deu a posibilidade de gravar o seu primeiro disco: '5 elementos'. No 2008 editaron 'Carta branca' folk fundamentalmente instrumental e de autor. Pouco tempo despois decidiron poñerlle fin ao proxecto, nun momento doce, que quixeron que quedara na memoria.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar