Rumboia #185: Os Chavellos

Rumboia #185: Os Chavellos

Mar | 20:30 | 20:44

Os Chavellos son un grupo de música tradicional de Pereiras, Mos, composto por músicos procedentes de diferentes estilos. Presentan un espectáculo fresco, dinámico e vangardista cun profundo respecto á tradición oral galega; xa que o repertorio que propoñen é cento por cento galego, e en galego.

Cun claro sabor atlántico, tanto as reinterpretacións de temas senlleiros da tradición galega, coma as composicións contemporáneas levan o selo inconfundible de catro figuras salientables no eido da música tradicional dos últimos vinte anos: Juan Eiras, Salvador Pardo, David Barciela e José Mojy.

Cunha sonoridade redonda e uns arranxos que destacan polo seu refinamento,o principal sinal de identidade dos Chavellos é o amor e o respecto pola música tradicional.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar