Rumboia #177: Xacarandaina

Rumboia #177: Xacarandaina

Mar | 20:30 | 20:39

O grupo de música e baile tradicional Xacarandaina formouse en outubro de 1978 na Coruña. O seu obxectivo fundamental é a investigación e a interpretación do folclore do xeito máis fiel posible a como o atopa no seu lugar de orixe. Pretende, polo tanto, ser un exemplo vivo da arte popular de Galicia, continuada polo e para o pobo.

Para conseguir o seu obxectivo, Xacarandaina tense desprazado polas distintas aldeas e poboacións do país, facendo un importantísimo traballo de campo, recuperando así músicas, bailes, danzas, cancións, instrumentos e traxes autóctonos. Froito deste labor, o grupo ten recollidos e montados ó redor de 150 bailes e outras tantas pezas de música. Tamén ten na súa traxectoria un disco gravado en 1990 con temas recollidos polo grupo.

 

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar