Rumboia #170: A Requinta da Laxeira
Mar | 20:30 | 20:43
A Requinta da Laxeira son festeiros, tocan, bailan e cantan, contan cun repertorio popular moi coñecido e nos concertos son capaces de baixar do escenario e facer bailar ata ao pau dunha escoba. Teñen dous traballos discográficos: 'Vai de baranda' o primeiro, lanzado no 2010. Posteriormente 'Maise' saíu ao mercado no ano 2013 e conta con catorce cancións aderezadas co máis puro 'estilo laxeiro', gravadas e mesturadas no estudio Phonos de A Estrada.