Rumboia #168: Emilio Corral

Rumboia #168: Emilio Corral

Mar | 20:30 | 20:41

Emilio Corral Vázquez  foi músico, gaiteiro e clarinetista, ademáis de toda unha institución no mundo do folclore e da música galega en xeral. Formou parte de agrupacións tan míticas e heteroxéneas como Cántigas da Terra, Aturuxo, Follas Novas, El Eco, orquestras como Los Tamara, Los Satélites ou da Banda Municipal da Coruña, entre outras. Foi un dos primeiros gaiteiros con formación musical, o que lle permitiu usar partituras nunha época na que a gaita apenas se consideraba un instrumento.

Emilio Corral foi gañador de numerosos premios como os do Festival de LLangollen (no Reino Unido) ou o Festival de Gisors (Normandía). No 1964 recibe o título de Gaiteiro Maior do Reino de Galiza outorgado pola Real Academia Galega, posteriormente recibe a Medalla Marcial del Adalid, e a  insignia  e o certificado da Gaita de Ouro polo Ateneo Ferrolán. 

Gravou numerosos discos con distintas agrupacións ás que pertenceu, e como gaiteiro solista ten dous importantes  traballos: o primeiro no 1973 'Airiños da gaita', no que estivo acompañado ao tambor por José Fraguela. Posteriormente, no 1977 publicou 'Como canta a miña gaitiña'.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar