Rumboia #154: Arrás

Rumboia #154: Arrás

Mar | 20:30 | 20:45

O grupo Arrás nace no ano 2005 e xa nese mesmo ano foi o grupo gañador do VI Certame Folk de Radio Obradoiro. A súa música reflexa as diversas influencias muiscais dos seus compoñentes, e caracterízase por manter unha liña de traballo definida, constituíndo a base do seu repertorio as composicións propias, que en ocasións o grupo mistura en perfecta sintonía coa música tradicional e popular.

'Asumindo riscos' foi o primeiro traballo discográfico do grupo Arrás, foi gravado no 2007 e nel fixeron unha proposta innovadora e arriscada. No momento da gravación deste traballo  o grupo Arrás estaba formado por Rocío Jimenez, Pablo Gómez, David Bellas, Michel Rivadulla, Manu Abraldes e Jimmy Failde. 

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar