Rumboia #219: Bouba Pandeireteiras

Rumboia #219: Bouba Pandeireteiras

Mar | 19:00 | 19:12

En 2007 na Pontraga xorde un grupo de mozas dispostas a tomar o legado dos máis lonxevos  cantadores e bailadores da zona, para converterse en herdeiras e  transmisoras desta enorme fonte de cultura para futuras xeracións. Así nace Bouba.

Bouba son festa, mulleres de terras de muiñeira cabalgada e pateado. Aprenderon o esquecido a forza de patada e trouxérono ata a actualidade para non deixalo marchar. A súa actividade musical e cultural cobre desde o lugar máis recóndito de Galicia ata os lugares máis afastados, onde a música galega é ben recibida e apreciada.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar