Rumboia #175: Saltanocribo

Rumboia #175: Saltanocribo

Mar | 20:30 | 20:42

Saltanocribo é un grupo de música galega creado no 2009 en Sarria, Lugo. Os seus componentes, maioritariamente desta xomarca eran Luis Quintana, gaita e clarinete; Pablo Camarero, violín; Xosé Manuel Díaz, ‘Barbeiro’, acordeón; Rebeca Tallón e Ismael García, percusión; Carolina Vázquez, voz; Braulio Correa, guitarra, e Suso González, frautas e gaita.

Os músicos integrantes de Saltanocribo pasaron antes por diversas formacións, como A Quenlla, Xarín, Eoas, Gaiteiros do Incio e os grupos de música e baile tradicional das asociacións culturais sarriás Meigas e Trasgos e Peleriños. Todos eles estaban unidos pola inquedanza de remexer nas músicas de raiz, e pola ilusión de facer algo novo, abríndose a novas influencias, e na espera de gustar fundamentalmente  a todos os que os escoitaran. No ano 2011 sacaron o seu primeiro traballo, bautizado co mesmo nome que o grupo, e nel inclúen arranxos tradicionais e creacións propias.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar