Rumboia #169: Xiada

Rumboia #169: Xiada

Mar | 20:30 | 20:40

O grupo de música tradicional Xiada, nace no ano 1981 na cidade da Coruña. Os seus compoñentes Luis Cardelle e Ricardo Santos ás gaitas e Fernando Hernanz e Xesús Gómez ao tambor e bombo respectivamente, non eran profesionais da música, pero eso non impediu que gañaran varios premios. Xiada naceu co obxectivo fundamental da investigación da música da gaita e o espallamento de pezas aínda inéditas naqueles tempos. Dita investigación concrétase estudando cancioneiros, obras de compositores galegos contemporaneos, e a música popular aínda viva nas xentes maiores. No ano 1984 Xiada sacou o seu traballo discográfico 'Carballeira adiante', un traballo composto por trece pezas cunha interpretación de moitísima calidade.

 

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar