Rumboia #152: Tres Pesos

Rumboia #152: Tres Pesos

Mar | 20:30 | 20:43

Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira (Pepe de Calo), tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, son os impulsores do proxecto Tres Pesos. Tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais, con centos de horas sobre o escenario e miles fóra del.

Nesta Rumboia presentan o seu segundo traballo discográfico, 'De cando os animais cantaban'. Un disco que pretende ser unha reivindicación da actualidade da música tradicional e no que se inclúen unha ducia de pezas que amosan a forza rítmica desta música. Mais de 40 minutos nos que Tres Pesos inclúen pandeiros, pandeiras, bombos, pandeiretas ou culleres ás que acompañan do acordeón, o clarinete e a gaita.

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar