Rumboia #176: Xosé Luís Miguelez

Rumboia #176: Xosé Luís Miguelez

Mar | 20:30 | 20:42

Xosé Luís Miguélez  é un gaiteiro e saxofonista de Ourense, que foi o primeiro gaiteiro titulado superior en Música Tradicional de toda a Península, esta honra acadouna no 2006 despois de ser un dos primeiros en cursar esta titulación no Conservatorio Superior de Música de Vigo e de dar en novembro de 2006 o seu concerto de fin de carreira. Nese concerto é o que se recolleu no disco “Esperanza”, un traballo adicado a súa nai  e que editou Dos Acordes.
O disco 'Esperanza' presenta un novo repertorio para gaita galega, baseado en composicións que van, dende a música inspirada na tradición, ata unha linguaxe máis contemporánea. A música de Xosé Luís Miguélez concilia pasado e futuro, historia e presente, soa coma aquelas melodías que os gaiteiros interpretaban porque as aprendían dos programas da radio ou dos vinilos chegados alén do mar.

 

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar