Rumboia #20: Luvas verdes

Rumboia #20: Luvas verdes

Mar | 20:00 | 20:09

Formado no ano 2001 polos gaiteiros Pedro Lamas e Daniel Bellón, con Pepe Montero no tambor e Melo Suárez no bombo, Luvas Verdes pasará á historia como un dos cuartetos máis premiados. No ano 2005 editan o que foi o seu único traballo discográfico Fandango desesperado. Un disco no que a maior parte dos temas son composición de Pedro Lamas aínda que tamén hai temas tradiconais e composicións de Daniel Bellón. Este cuarteto caracterízase pola contundencia da súa calidade interpretativa e pola concepción moldeada e sólida da condición de 'músicos de tradición' dos seus integrantes.

Rumboia

Martes ás 19.00 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar