Rumboia #197: Lenda Ártabra
Mar | 19:00 | 19:14
O grupo folk Lenda Ártabra xurdiu en Ferrol a finais do ano 2013. Músicos que chegaban doutras formacións decidiron iniciar un novo proxecto que marcase a diferenza con outras bandas da cidade. O seu repertorio vai desde o ámbito tradicional ata os novos ritmos.
Apostan por un espectáculo completo que represente a riqueza cultural de Galicia. Teñen unha posta en escena moi coidada e sempre que é posible van acompañados dun grupo de cantareiras que imprime aos seus directos un carácter tradicional.
Apostan por unha dobre vía que é coidar o que xa se ten e achegar material novo creando letras e melodías. Xotas, muiñeiras, pasacalles, polcas, marchas ou maneos son algúns dos ritmos que se poden distinguir no seu repertorio.