Rumboia #206: Fol do Vento

Rumboia #206: Fol do Vento

Lun | 19:30 | 19:42

'O quiquiriquí', 'Cantos para o Nadal', 'Pelo gato' , '24' ou 'Trece lúas' foron propostas da Asociación de Gaiteiros Galegos para achegar a nosa tradición musical ás novas xeracións. Nesta mesma liña a Asociación Socio-Pedagóxica Galega editou 'Cancións para Antía', un traballo do grupo Fol do Vento que naceu coa intención de contribuír á galeguización do espazo vital da infancia, e achegando unidades didácticas para mestrado, pais e nais e para diferentes idades.

Editouse en  2009 e ten a canción, espazo privilexiado para combinar aprendizaxe a diversión. Conta con 17 pezas e todas as letras  foron compostas por Xose Lois Seixo, agás 'O Carrizo',  de Manuel Maria e 'O Peto', obra de Xabier Sesto Camino. A música foi composta por Xosé Lois Seixo e Xaquin Facal García e os arranxos son de Xacal Facal. É de destacar a  colaboración do Coro De Nenos Cantores Da Orquesta Sinfónica de Galicia.

Rumboia

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar