Rumboia #145: Tango en Xaneiro

Rumboia #145: Tango en Xaneiro

Mar | 20:30 | 20:40

O grupo Tango en Xaneiro nace en Meira, cando toda a comarca meirega loitaba por conseguir o merecido recoñecemento das Letras Galegas para Avelino Díaz, coincidindo co 120 aniversario do seu nacemento. Unidos por esta causa, os compoñentes confluíron no berce do Miño dando lugar a Tango en Xaneiro. Os compoñentes do grupo son Xose Ramón Saborido no clarinete baixo, Marisa da Pereira ao acordeón, Bruno Villamor na gaita, requinta e zanfona e Patricia Coucheiro na voz. Catro fontes de harmonía que dan a súa particular lectura de melodías tradicionais facéndoas propias e interpretan melodías propias achegándoas ao tradicional. No 2016 publicaron un CD presentación chamado 'Meu pitiño' que inclúe dúas pezas: 'Tango en xaneiro' e 'Meu pitiño'.

 

Rumboia

Martes ás 20.30 horas

Rumboia é un programa producido pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, un espazo para a música tradicional e folk galego.

Fechar