VÍDEO.- Así debutaba o tren Avril na estación de Pontevedra antes dunha avaría técnica en Ourense
Por Anxo Lourido
O primeiro tren Avril partía ás 09.30 horas procedente da estación viguesa de Urzáiz, dous minutos máis tarde do horario previsto, e chegaba ás 09.44 a estación de Pontevedra, dous minutos antes da hora establecida. Partía ás 09.48 en dirección a Vilagarcía de Arousa e paraba na estación de Santiago de Compostela ás 10.25 horas. Os tempos de viaxe ata Madrid quedarán reducidos en arredor dun cuarto de hora