
Máis sesións musicais, máis deportes e moito de Pepe Solla para un novo verán no Náutico de San Vicente

Por Redacción
A oferta que o cociñeiro pontevedrés propón para este verán é diferente á de 2021 e centrarase nunha carta de hamburguesas gourmet. Amplía a oferta de actividades deportivas, con alugueiro de kaiaks, táboas de pádel surf e bicicletas eléctricas. Incorpora unha terceira actuación a medianoite os venres e os sábados e sesións de Dj’s pola tarde e pola noite