
Os comuneiros e o Concello crean unha comisión de seguimento ante os proxectos eólicos en marcha en Cerdedo-Cotobade

Por Redacción
Jorge Cubela anunciou este domingo a creación desta comisión no transcurso dunha xuntanza mantida con representantes veciñais de Rebordelo, Loureiro, Carballedo e Borela. Ten previsto manter contacto cos voceiros dos distintos grupos da oposición co fin de convidalos a formar parte desta iniciativa