A humanización do entorno da igrexa de San Xurxo financiarase con cargo ao Plan +Provincia
Por Redacción
O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, presenta a humanización do entorno da igrexa de San Xurxo de Sacos á línea de axudas do Plan +Provincia da Deputación.
Cubela xustifica a necesidade deste proxecto na afluencia de veciños a esta zona, un dos maiores centros parroquiais do municipio.
O proxecto pretende recuperar o espazo circundante á igrexa para poder limitalo á circulación masiva de tráfico lixeiro e destinalo definitivamente ao peón e ao tráfico rodado de residentes conseguindo así un espazo novo para o estacionamento de vehículos, potenciando o tránsito peonil no entorno do templo.
A presenza duns terreos de titularidade municipal, próximos á área a recuperar, facilitará a deriva cara eles do estacionamento de tráfico lixeiro facendo que non se masifique o entorno da igrexa ao tempo que se crea unha área de lecer e sosego con vistas e humanízase o vial que une o recinto relixioso co núcleo parroquial favorecendo o tránsito peonil.
A área a desenvolver está comprendida ao norte do núcleo da igrexa, entre o vial que pasa por diante da parroquial e o tramo da estrada PO-231. Os terreos a incorporar como espazo público conforman unha zona triangular que se atopa no entronque de ámbolos dous viais. Ademais actuarase sobre o vial que dá acceso ao núcleo, conformado por varios predios de titularidade municipal que se dispón adaptándose á topografía en pequenas mesetas ou "socalcos" en lixeira caída cara ao norte.
Dotaranse aos novos espazos dos firmes necesarios para o desenrolo dos usos previstos en proxectos e, en función dos mesmos, procederase á colocación dos distintos tipos de pavimentos. Así deixaranse zonas con cortezas destinadas á plantación de determinadas especies arbóreas autóctonas, colocarase "pavicésped" en zonas destinadas ao estacionamento de vehículos, verterase pavimento continuo de formigón natural cun acabado superficial de raiado en alquelas zonas de tránsito restrinxido de automóbiles e procederase á colocación de pavimento formado por losas de pedra granítica morena.
Dotarase a este novo espazo do mobiliario urbano como bancos, papeleiras e luminarias así como a correspondente instalación de drenaxe, acometidas eléctricas e demais elementos de seguridade de utilización como os valados.