
Portas despide a segunda edición do Campus de Tecnificación de fútbol

Por Redacción
No Campus participaron un total de 30 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos, que puideron desfrutar de adestramentos e clases personalizadas da man do adestrador galego Manu Campos; Fran Fandiño, futbolista ex do Pontevedra, actualmente do Ribadumia; e de David Pintos, xogador do Teucro de balonmán