Caldas de Reis recoñece o mérito dos seus mellores estudantes
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Concello de Caldas de Reis celebrou un emotivo acto para recoñecer o mérito académico dos estudantes que remataron etapa educativa nos centros da vila termal durante este curso. A iniciativa, organizada pola Concellería de Educación dirixida por Manuel Fariña, destacou os mellores expedientes de ESO, Ciclos Formativos, Bacharelato e Estudos Superiores de Música.
Manuel Fariña, concelleiro de Educación, subliñou que esta iniciativa "veu para quedar" e destacou a importancia da educación como un eixo fundamental para o futuro da sociedade. "As administracións teñen a obriga de coidala e promovela para garantir o progreso", afirmou.
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, expresou o seu orgullo polos éxitos acadados polos centros educativos da vila, resaltando o esforzo de docentes, equipas directivas e estudantes.
Os centros educativos recoñecidos inclúen o CPI Alfonso VII, o IES Aquis Celenis, o CPR San Fermín, o CEIP San Clemente, o CPR Encarnación e a Escola de Música Municipal de Caldas.
Os estudantes galardoados foron:
- Alejandro Campo Herbés: Premio Extraordinario da ESO do curso 22/23
- Pedro Muñiz González, Sabela Constenla Blanco, Roi Barreiro Padín: Mellores expedientes da ESO do curso 23/24
- Laura Ferreiro Torres, Ángel Caeiro Nieto, José Ramón Ferreirós Gómez: Mellores expedientes de Ciclos Formativos do curso 23/24
- Bruno Figueiro Romay, Uxío Figueiro Reboredo: Estudantes do Bacharelato de Excelencia (STEMBach)
- Carmela Barreira López, Lía Rivadulla Pazos: Mellores expedientes de Bacharelato do curso 23/24
- Anxo Blanco Maquieira: Mellor expediente caldense do Título Superior de Música do curso 23/24
Con este acto, o Concello de Caldas de Reis pechou o curso escolar, celebrando a excelencia académica e o compromiso dos seus estudantes e centros educativos.
Relacionadas:
-
Alumnado da Facultade de Belas Artes mellorará a estética dos cadros eléctricos municipais de Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Máis dun milleiro de escolares de Caldas participaron este curso nas actividades da Biblioteca
Por Redacción |
-
Tirón de orellas de Caldas a Educación polas "importantes deficiencias" nos centros de ensino
Por Redacción |