Queixas pola mala cobertura de telefonía móbil na zona sur de Moraña
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Residentes da zona sur do municipio de Moraña trasladaron ao Bloque Nacionalista Galego a súa preocupación polos problemas de cobertura que se rexistran en diversos lugares e parroquias.
Sinalan que afectan á actividade laboral, comercial e industrial desta zona.
Marcos Suárez, Mariña Búa e Rubén Monteagudo, concelleiros do BNG no municipio, rexistrarán iniciativas para instar a que se busquen solucións aos problemas de cobertura que desde hai unha semana se están a producir.
Sinalan que as operadoras de telefonía non ofrecen solucións, malia as reiteradas chamadas por parte das persoas afectadas.
Desde o BNG indican que as administracións teñen a obriga de garantir que o servizo chegue á veciñanza.
Reclaman que busquen unha solución rápida e eficaz. A formación nacionalista tamén lamenta a falta de axudas, proxectos e partidas específicas para os casos de difícil cobertura por parte do goberno local.