Haberá "sesións verbeneiras" en Méndez Núñez como aperitivo ao Río Verbena
Por Alejandro Espiño
O festival Río Verbena virá acompañado este ano dunha nova iniciativa musical previa. Trátase das "Sesións Verbeneiras", unha serie de concertos gratuítos que se celebrarán entre os días 20 e 22 de agosto na Praza de Méndez Núñez.
Con estas actuacións, a organización do festival busca amenizar a espera polo festival pontevedrés e poñer en valor a riqueza musical de toda a provincia.
Así, durante tres días, os asistentes poderán gozar da música en vivo de seis bandas galegas.
As sesións darán inicio o martes 20 coas actuacións de Terapia de Grupo e Rukan Blues.
O mércores 21, será a quenda de Mamasunción e Raúl & Cía, quen traerá a súa enerxía e estilo único á praza, continuando coa dinámica de entretemento e promoción do talento local.
Finalmente, o xoves 22, pecharán estas xornadas previas con broche de ouro Eladio y los Seres Queridos e Operación Guateque.
Ao día seguinte xa comezará a terceira edición del Río Verbena Fest, que ofrecerá as actuacións dunha vintena de artistas na chaira exterior do Recinto Feiral.
O venres 23, actuarán Viva Suecia, Dani Fernández, Siloé, Mikel Erentxun, Vicco, Michenlo, Four Passengers, Son Das Tabernas e Jona Romero.
O sábado 24 será a quenda de Amaral, Lori Meyers, Los Zigarros, Baiuca, Alcalá Norte, Nebulossa, Galician Army, Sarria, Black Stones, Mamasunción e Law.
Os últimos abonos a prezo actual están dispoñibles en rioverbena.com por 65 euros máis gastos de xestión, mentres que as entradas diarias pódense adquirir a 35 euros máis gastos de xestión.
Relacionadas:
-
Río Verbena agarda 9.000 persoas cunha proposta "moi universal" consolidada na súa terceira edición
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
O festival Río Verbena dá a coñecer os seus horarios
Por Diego Espiño |
-
Thom Archi estrea 'Even tho', último adianto do seu álbum de debut
Por Redacción |
-
A xira de Carlos Núñez chega este venres a Vilanova e o domingo a Cambados
Por Redacción |
-
Dani Fernández completa o cartel da terceira edición do festival Río Verbena
Por Alejandro Espiño |
-
Alcalá Norte e Michenlo, entre as novas confirmacións do Río Verbena Fest, que xa ten cartel por días
Por Almu Dapena |
-
Mikel Erentxun e os eurovisivos Nebulossa súmanse ao cartel do Río Verbena 2024
Por Diego Espiño |
-
Primeiros pasos para o Río Verbena 2024, que traerá a Pontevedra a Amaral, Viva Suecia, Lori Meyers ou Vicco
Por Alejandro Espiño |